Saltar ao contido

Premio Ponteareas, lingua e empresa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Premio Ponteareas, lingua e empresa é un galardón concedido polo Concello de Ponteareas que promove o uso do galego na actividade empresarial.

En 2021 convocou a terceira edición.[1] Consta de tres categorías: uso continuado da lingua galega, incorporación recente ao uso da lingua galega e traxectoria do uso da lingua galega ao longo de décadas.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "III Premio “Ponteareas, lingua e empresa”". Consello da Cultura Galega. Consultado o 10 de novembro de 2018.