Premio Nacional de Pensamento e cultura científica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

O Premio Nacional de Pensamento e cultura científica foi un galardón outorgado pola Xunta de Galicia e concedido por un xurado de quince persoas de distintos ámbitos da cultura galega, como un dos dez Premios Nacionais da Cultura Galega.

Os premios concedéronse a creadores vivos que destacasen ese ano polo seu labor neste campo da filosofía, o pensamento ou a ciencia, ou en recoñecemento a unha traxectoria. O premio convocouse unicamente en 2008, edición na que os galardoados recibiron 15.000 euros de premio. Aínda que con vocación de continuidade, a mudanza de goberno producida en 2009 supuxo a interrupción da convocatoria, e cando se recuperou en 2010 como Premios da Cultura Galega non existía unha categoría que equivalese a esta.

Premiado[editar | editar a fonte]