Saltar ao contido

Premio Nacional de Arquitectura e espazos públicos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Premio Nacional de Arquitectura e espazos públicos foi un galardón outorgado en 2008 pola Xunta de Galicia e concedido por un xurado de quince persoas de distintos ámbitos da cultura galega, como un dos dez Premios Nacionais da Cultura Galega.

Estes premios concedéronse a creadores vivos que destacasen ese ano polo seu labor neste campo artístico da arquitectura e do urbanismo, ou en recoñecemento a unha traxectoria. O premio convocouse unicamente en 2008, edición na que os galardoados recibiron 15.000 euros de premio. Aínda que con vocación de continuidade, a mudanza de goberno producida en 2009 supuxo a interrupción da convocatoria, e cando se recuperou en 2010 como Premios da Cultura Galega non existía unha categoría para a arquitectura e o urbanismo.

Premiados

[editar | editar a fonte]