Premio Álvaro Cunqueiro de Novela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Premio Álvaro Cunqueiro de Novela foi convocado en 2022 polo Concello de Mondoñedo en colaboración coa Casa Museo Álvaro Cunqueiro, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Editorial Galaxia, coa finalidade de honrar a memoria do escritor Álvaro Cunqueiro e, asemade, axudar á promoción da escrita literaria en lingua galega e á divulgación das súas autoras e autores.[1]

Deben ser obras orixinais e inéditas, a dotación é de 9000 € e a obra gañadora será publicada pola Editorial Galaxia.[2][3]

Obra premiada[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Editorial Galaxia Antón Riveiro Coello gaña o Premio Álvaro Cunqueiro". Editorial Galaxia. 2022-12-23. Consultado o 2022-12-23. 
  2. "Editorial Galaxia Convócase o Premio Álvaro Cunqueiro de Novela". Editorial Galaxia. 2022-03-01. Consultado o 2022-12-23. 
  3. "Premio Álvaro Cunqueiro de Novela - O Portal da Lingua Galega". www.lingua.gal. Consultado o 2022-12-23. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]