Praia de Poniente, Xixón
Tipo | praia ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Xixón, España ![]() | |||
| ||||
Características | ||||
Dimensións | 1.500 (![]() | |||
A praia de Poniente, tamén coñecida como praia do Nataoyo ou de Pando, é unha das tres praias urbanas coas que conta a cidade de Xixón, situada en Asturias. As outras dúas son a de San Lorenzo e a do Arbeyal mentres que o concello de Xixón conta con outras seis. É de carácter artificial e foi creada a mediados da década de 1990.
Atópase na zona oeste da cidade, na zona do barrio de Poniente, co porto deportivo como límite oriental e o barrio do Natahoyo como límite occidental. Ten unha lonxitude duns 500 metros e unha superficie duns 140.000 metros cadrados en baixamar e uns 60.000 en preamar. É moi concorrida e de fácil acceso, cunha ampla escalinata central e acceso para persoas con dificultades de mobilidade, e con presenza do equipo de salvamento en tempada estival.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Información sobre as praias na web do concello de Xixón Arquivado 12 de xullo de 2016 en Wayback Machine.