Praia das Maceiras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°13′39″N 8°56′49″O / 43.22760000027, -8.9469999997537

A praia das Maceiras ou praia das Maseiras é un pequeno areal situado na parroquia de Canduas, en Cabana de Bergantiños, a carón da praia de Area das Vacas, con difícil acceso dende Taboído. Ten vistas a Punta do Roncudo (Corme) e a Corme Aldea, xa que é o primeiro areal mariño da costa cabanesa. Está bañada pola ría de Corme e Laxe e está nun estado virxe e totalmente natural.

Non conta con servizos de aparcadoiro, ducha e socorrismo.

Entre a súa flora e fauna están as especies comúns de moitos areais galegos, con peixes como o maragota (Labrus bergylta), a robaliza (Dicentrarchus labrax) ou o sargo (Diplodus sargus); crustáceos como o camarón, cangrexo e boi; moluscos como o mexillón (Mytilus galloprovincialis) ou a lapa; e aves como a gaivota, o corvo mariño ou o mazarico.

Nela pódese realizar pesca deportiva, non e frecuente encontrar pescadores neste lugar.