Prada de Valdeón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 43°8′51″N 4°54′52″O / 43.14750, -4.91444 Prada de Valdeón é unha localidade española do concello leonés de Posada de Valdeón (Castela e León). A súa poboación (INE 2011) é de 50 habitantes (30 homes e 20 mulleres). Dista menos de 1 km da capital municipal.

As casas, de arquitectura tradicional, atópanse moi concentradas sobres as rúas estreitas. A vila conserva 15 hórreos e un muíño que funcionaba con auga do río Arenal, o afluente máis importante do río Cares.

O contorno de bosque e pradeiras enmarcados polas moles calcarias dos Picos de Europa entre as que destaca a Torre del Friero (2.445 m.) permite efectuar paseos por bosques veciños ou ascensións aos cumes. Entre os sendeiros máis coñecidos que parten de Prada de Valdeón atópanse o do Mercadillo e o de Montó.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]