Río Cares
| Tipo | río afluente | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Inicio | |||||
| División administrativa | Asturias, España | ||||
| Localización | Posada de Valdeón | ||||
| Final | |||||
| División administrativa | Cantabria, España | ||||
| Localización | Río Deva, Cantabria | ||||
| |||||
| Características | |||||
| Dimensións | 54 ( | ||||
| Superficie da cunca hidrográfica | 1.200 km² | ||||

O río Cares é un curso fluvial do norte da Península Ibérica, que corre por León e Asturias; é afluente do Deva no que verte as súas augas despois de 54 km de percorrido.
Curso
[editar | editar a fonte]O Cares nace da unión de varios regatos en Posada de Valdeón, León, na Cordilleira Cantábrica, a 1.600 m de altitude. O sentido da súa corrente é sur-norte inicialmente, formando unha espectacular garganta entre o territorio leonés e o asturiano, pola que pasa a ruta do Cares. O Cares separa un macizo dos Picos de Europa, o Cornión de los Urrieles e, máis a leste, o seu afluente o Duje sepáraos do Macizo de Ándara. Logo de cortar os Picos de Europa, vaise curvando cara ao oeste, obrigado polo Cordal de Cuera, paralelo á liña da costa cantábrica, até encontrarse co Deva en Vega de Llés, á altura da localidade asturiana de Panes (Penamellera Alta). Dos 54 km do río, 19 transcorren en territorio leonés e o resto, 35, por terras asturianas.
Afluentes
[editar | editar a fonte]Os tributarios principais do Cares son os ríos Bulnes, Duje e Casaño.
Poboacións que atravesa
[editar | editar a fonte]Posada de Valdeón e Caín en León; Poncebos e Arenas de Cabrales e Asturias.
Explotación antrópica
[editar | editar a fonte]Ten dous encoros , a central eléctrica de Camarmeña a outro en Poncebos. É ademais un importante río salmoneiro.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| A Galipedia ten un portal sobre: Asturias |

