Praça dos Restauradores

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
A Praça dos Restauradores ó empardecer, co Monumento dos Restauradores no centro.

A Praça dos Restauradores é unha praza da cidade de Lisboa, en Portugal. Conmemora a liberación do país do dominio español no ano 1640.

A súa característica máis representativa é o Monumento dos Restauradores, un obelisco no centro da praza. As figuras de bronce e ouro do pedestal representan a Vitoria, cunha palma e unha coroa, e a Liberdade. Os nomes e datas que están gravados ós lados do obelisco son os das batallas da Guerra de Restauración. O proxecto do monumento é autoría de António Tomás da Fonseca, e as estatuas alegóricas (Liberdade e Vitoria), de Simões de Almeida e Alberto Nunes.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]