Pozo do Pego

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°42′36″N 8°12′23″O / 42.709976509865, -8.2064970087699

O Pozo do Pego é un ancheamento do río Deza situado entre as parroquias de Noceda (Lalín) e Vilar (Silleda).

Características[editar | editar a fonte]

O Pozo do Pego ten unha lonxitude de 40 metros na parte máis ancha entre ambas as beiras. No seu estreitamento hai unha pequena fervenza. Na beira oeste hai unha área recreativa, e a 300 metros hai unha ponte que cruza o río.

Está situada preto da autoestrada AP-53, na zona de Noceda de Abaixo, e da liña de ferrocarril entre Ourense e Santiago de Compostela.

Tradición oral[editar | editar a fonte]

Antes da existencia da ponte, a xente de aldeas próximas ao Pozo do Pego collía unha pequena embarcación para ir co gando á outra costa, para logo vender este na feira de Silleda. Un día, un home propúxolle ao barqueiro pasar de balde a cambio de contarlle as tres verdades do mundo e o barqueiro aceptou por curiosidade.

Cando a barca se separou da costa dixo: "Se chove para nunca escampar, o mundo hase acabar". Cando se atopaban no medio do traxecto dixo: "Se escampa para nunca chover, o mundo hase perder". E ao chegaren díxolle: "E se todos pasan de balde coma min, que fas ti aquí, galopín!"

Notas[editar | editar a fonte]