Post-it

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Post-it
Preprinted Post it notes

Un post-it é unha pequena folla de papel autoadhesiva de dimensións variables, así como tamén as formas e cores. Emprégase para escribir notas recordatorias a fin deixalas despois sobre calquera tipo de superficie. É unha marca rexistrada, propiedade da "Minnesota Mining and Manufacturing Company", máis coñecida como 3M.

Fabrícanse de diversas dimensións, formas e cores, aínda que o tamaño típico é un cadrado de 7,6 cm de lado, de cor amarelo.

Historia[editar | editar a fonte]

O adhesivo orixinal usado nos Post-it inventouno no ano 1968 Spencer Silver, un investigador da compañía 3M. En realidade estaba a buscar un novo adhesivo potente, e como non o deu atopado, non lle deu ningún uso.

No ano 1974, a un amigo seu, Arthur Fry, ocorréuselle empregar o adhesivo para crear marcapáxinas, mentres folleaba un libro. Os primeiros prototipos estiveron dispoñibles en 1977, e durante os anos 1980-1981, despois dunha poderosa campaña publicitaria, o produto púxose á venda en todo o mundo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]