Porto de Xixón
Coordenadas: 43°33′46″N 5°41′00″O / 43.56278, -5.68333
O Porto de Xixón é un porto marítimo español situado no mar Cantábrico, no concello de Xixón, en Asturias.
Ten actividades comerciais, transporte de mercancías e de viaxeiros, pesqueiras (no porto de El Musel, situado na parroquia de Xove) e de recreo (no porto deportivo, situado no centro de Xixón).
O seu órgano reitor é a Autoridade Portuaria de Xixón.