Portela (xeografía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Paso de montaña Abra do Acay a 5.061 m s. n. m. na provincia de Salta, Arxentina.
Collado do Piornal (2.074 m s. n. m.), situado entre as montañas da Bóla do Mundo (2.265 m s. n. m.) e A Maliciosa (2.227 m s. n. m.), todo iso na Serra de Guadarrama (España).

Unha portela, tamén denominado portela de montaña, é o punto máis baixo dunha liña de cumes comprendido entre dúas elevacións. Por este motivo, son usadas para atravesar os cordais montañosos. Cando unha vía de comunicación aproveita unha portela para atravesar unha cadea montañosa, fálase de porto de montaña, paso de montaña ou portillo.

Punto de sela[editar | editar a fonte]

Topoloxicamente, unha portela corresponde a un punto de sela da topografía (un lugar no que nunha dirección a topografía é máxima mentres que na perpendicular é mínima).

Unha portela sobre unha aresta rochosa ou unha crista que no canto de ladeiras está delimitado por paredes máis ou menos verticais denomínase «brecha». Os itinerarios de alta montaña que teñen por destino ás brechas denomínanse «corredores» ou «canles».

Véxase tamén[editar | editar a fonte]