Portal:Tampere/Artigo destacado/1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A batalla de Tampere tivo lugar entre o 15 de marzo e o 6 de abril de 1918 na cidade finlandesa de Tampere no marco da guerra civil finlandesa. A batalla, na que se enfrontaron Brancos e Vermellos, é a máis coñecida e a máis dura das libradas durante a contenda. Na batalla participaron máis de 30 000 combatentes, o que a converteu nunha das maiores batallas da historia dos países nórdicos. Hoxe é lembrada especialmente polas súas sanguentas consecuencias, xa que os Brancos executaron a centos de Vermellos capitulados e tomaron 11 000 prisioneiros no campo de Kalevankangas.

A caída de Tampere, o maior centro industrial de Finlandia, marcou o principio do fin da República Socialista dos Traballadores de Finlandia, establecida no sur do país, e a guerra tornouse mesmo máis violenta con episodios de terror por parte de ambos bandos, con masacres dunha parte e represalias como resposta pola outra.