Portal:Serbia/Cidade destacada/3

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Novi Sad (en alfabeto cirílico Нови Сад, en húngaro Ujvidék, en alemán Neusatz, en eslovaco Nový Sad) é unha cidade do norte de Serbia, situada sobre o río Danubio. É a capital da provincia autónoma da Voivodina. Sede da antiga institución cultural e científica Matica Srpska, é un gran centro industrial e cultural. Novi Sad significa "Novo Xardín" en serbio.

A poboación do núcleo urbano é de 293.508 habitantes, e uns 381.388 no termo municipal, segundo o censo do 2011.

A cidade de Novi Sad comprende os núcleos de Novi Sad, Petrovaradin e Sremska Kamenica. A área metropolitana tamén comprende Futog, Veternik, Bukovac e Leidnci. Hai tamén outros núcleos no termo municipal de Novi Sad, pero están fisicamente separados da cidade.

Novi Sad é a segunda cidade máis grande de Serbia (despois de Belgrado) e é tamén o centro administrativo do distrito de Backa Sur. Segundo o censo do 2002 a poboación de Novi Sad está composta por serbios (75,50 %), húngaros (5,24 %), iugoslavos (3,17 %), eslovacos (2,41 %), croatas (2,09 %), montenegrinos (1,68 %) e outros.