Portal:Rugby/Biografía destacada/Arquivo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Aquí están todas as biografías destacadas no portal Rugby:

1[editar a fonte]

Paula Medín López, "Alevín", nada en Cambre o 17 de xuño de 1984, é unha fisioterapeuta e xogadora de rugby galega, olímpica no Río 2016. Dianteira pertencente ao CRAT da Coruña e internacional coa Selección feminina de España de Rugby a 15 e Rugby a 7, foi campioa de Europa en 2010 en Estrasburgo, e participou nos Xogos Olímpicos do Río de Xaneiro do ano 2016.

No seu amplo palmarés a nivel nacional salientan o título da División de Honra conquistado na tempada 2014-15 co CRAT, logo de ser subcampioa co club herculino nas tempadas 2010-11, 2011-12 e 2013-14. Ten xogado 26 encontros coa selección española, gañando 19 deles e perdendo unicamente sete, sendo titular en todos os partidos agás no so seu debut. Co combinado español conseguiu o campionato de Europa en 2010 logo de derrotar por 31 a 13 a Italia.

En 2016, Paula Medín foi unha das 12 xogadoras seleccionadas polo seleccionador José Antonio Barrio para disputar o torneo olímpico de Río de Janeiro, no cal o equipo nacional acadou un diploma olímpico ó rematar na sétima posición. Este torneo foi a despedida de Paula Medín da Selección feminina de rugby a 7 de España.


2[editar a fonte]

Portal:Rugby/Biografía destacada/2

3[editar a fonte]

Portal:Rugby/Biografía destacada/3

4[editar a fonte]

Portal:Rugby/Biografía destacada/4

5[editar a fonte]

Portal:Rugby/Biografía destacada/5

6[editar a fonte]

Portal:Rugby/Biografía destacada/6

7[editar a fonte]

Portal:Rugby/Biografía destacada/7

8[editar a fonte]

Portal:Rugby/Biografía destacada/8

9[editar a fonte]

Portal:Rugby/Biografía destacada/9

10[editar a fonte]

Portal:Rugby/Biografía destacada/10