Portal:Romanía/Cidade destacada/1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Bucarest (en romanésBucurești[bukuˈreʃtʲ] (AFI)) é a capital e centro industrial e comercial de Romanía. Está localizada no sueste do pais, ás beiras do Río Dâmbovița.

Segundo o censo oficial a 1 de xaneiro do ano 2010, Bucarest tiña unha poboación de 1 944 367 habitantes, 2.3 millóns na área metropolitana.

Para os parámetros europeos, Bucarest non é unha cidade antiga, a primeira referencia que se ten dela é do ano 1459. Dende esa data Bucarest pasou por moitos cambios, facéndose capital do pais no ano 1862 converténdose no centro da cultura e as artes. A súa ecléctica arquitectura é unha mestura da historia, da época comunista e da modernidade. No período entre as dúas guerras mundiais, a arquitectura da cidade valeulle o sobrenome do "París do leste" ou "Pequeno París" (Micul Paris). Parte dos monumentos e igrexas foron destruída polas guerras, tremores de terra, incendios e no decurso da campaña de "urbanismo" emprendida por Nicolae Ceaușescu no século pasado. En anos recentes, a cidade volveu vivir un renacemento da súa cultura e economía.