Portal:Romanía/Biografía destacada/2

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Vlad III O Empalador (en romanés : Vlad Țepeș), nado en Sighişoara o 8 de novembro de 1431 e finado en Bucarest o 14 de decembro de 1476, foi un Príncipe de Valaquia (hoxe sur de Romanía) e a figura histórica na que o escritor irlandés Bram Stoker se inspirou para crear ao inmortal personaxe do Conde Drácula. Foi un gran loitador en contra do expansionismo otomán que ameazaba o seu país e o resto de Europa, e tamén era famoso pola súa maneira de castigar aos inimigos e traidores. Vlad era ortodoxo, aínda que con posterioridade se converteu ao catolicismo.