Portal:País Vasco/Cidade destacada/4

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Irún (oficialmente e en éuscaro: Irun) é un concello e cidade do norte de España, en Guipúscoa, fronteirizo con Francia, país do que se atopa separado polo río Bidasoa. Forma xunto co veciño concello de Hondarribia a comarca de Bidasoa Beherea.

Trátase da segunda cidade máis importante de Guipúscoa tras a súa capital, Donostia, contando cunha poboación de 60.951 habitantes (INE 2009), aínda que a aglomeración urbana de Irún (a chamada comarca de Bidasoa-Txingudi, que sumaría as cidades de Hendaia e Hondarribia) supera os 95.000 habitantes.

A economía da cidade vira ao redor da súa importancia como paso fronteirizo entre Francia e España; proba diso é o distrito de Behobia, coa súa impoñente torre de oficinas chamada "torre ZAISA". É o principal paso fronteirizo entre estes dous países xunto coa localidade catalá de La Jonquera. É un importante nó ferroviario, loxístico e de transportes. Conta tamén cun importante comercio e certa industria.