Portal:País Vasco/Cidade destacada/3

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Vitoria ou Gasteiz (en castelán: Vitoria; en éuscaro: Gasteiz; oficialmente Vitoria-Gasteiz) é unha cidade e concello do norte de España, capital da provincia e territorio histórico de Áraba, en Euskadi. É ademais a sede do Parlamento e Goberno autonómicos.

Enclavada nun cruzamento de camiños, foi un importante punto estratéxico tanto no plano militar como no comercial e cultural ó longo da historia. Xa desde tempos romanos, nos que a calzada que unía Astorga e Bordeos pasaba por Áraba, estas terras foron un eixo de comunicacións entre a Meseta Central e Europa.

A actual Vitoria busca un modelo de desenvolvemento urbano de calidade, primando criterios de cohesión social, habitabilidade, respecto ó contorno, accesibilidade, conservación, recuperación do patrimonio e programas de integración e participación social. É unha cidade cunha intensa historia que se manifesta nun valioso patrimonio monumental.

Durante 2012 Vitoria foi Capital Verde Europea.