Calzada

Exemplo de estrada con dúas calzadas, unha para cada sentido da marcha (Autovía A63 do Reino Unido ao seu paso por Kingston upon Hull)
A calzada é a parte da estrada destinada á circulación dos vehículos. Componse dun certo número de carrís e a súa zona exterior (onde non se debe circular excepto en circunstancias especiais) son as beiravías, que non pertencen á calzada.
Nas autoestradas e autovías, hai unha ou máis calzadas por cada sentido de circulación, separadas por medianas ou outros medios.
No caso das rúas, a calzada defínese por oposición á beirarrúa (destinada á circulación dos peóns).
Véxase tamén[editar | editar a fonte]