Portal:Música rock/Artigo destacado/novembro 2016

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Logotipo de SST Records.

SST Records é un selo independente estadounidense formado en 1978 en Long Beach polo músico Greg Ginn. A compañía inicialmente chamouse Solid State Tuners debido a que Ginn vendía equipamentos electrónicos. Ginn transformouna nun selo discográfico para editar material da súa banda Black Flag. O selo centrouse inicialmente en bandas de hardcore punk do sur de California, pero co tempo acabaría publicando álbums clave na evolución do rock alternativo de bandas como Minutemen, Sonic Youth ou Dinosaur Jr.