Portal:Lombardía/Artigo destacado/Arquivo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Aquí están todos os artigos destacados no portal Lombardía:

1[editar a fonte]

A batalla de Legnano tivo lugar o 29 de maio de 1176, nos arredores da cidade de Legnano, na actual provincia de Milán, rexión histórica da Lombardía, Italia. Tivo unha repercusión crucial na guerra que mantiña o Sacro Imperio Romano Xermánico, dirixido por Frederico Barbarroxa, contra as comunas do norte de Italia, que depuxeran as súas rivalidades para unirse na Liga lombarda baixo a dirección do Papa Alexandre III.

Este enfrontamento non era propiamente unha guerra entre Alemaña e Italia, posto que non existían como tales nacións e había alemáns e italianos interesados na vitoria de cada uns dos bandos. Máis ben debe entenderse como parte do prolongado conflito interno entre güelfos e xibelinos, e do aínda máis antigo existente entre os dous poderes universais: Pontificado e Imperio.

O Emperador tentou o emprego da forza para someter ás comunas, e foi vencido polas tropas lombardas, que fixeron bo uso da topografía do terreo e das súas picas contra un exército composto case exclusivamente de cabalaría.


2[editar a fonte]

O lombardo é un conxunto de variedades faladas principalmente no norte de Italia (a maior parte de Lombardía e algunhas áreas das rexións veciñas) e en Suíza (cantón do Tesino). Os idiomas lombardos son linguas romances occidentais emparentadas co francés e cos outros idiomas galo-itálicos (piemontés, emiliano-romañolo etc.). Aínda que o italiano é normalmente usado como linguaxe escrita e formal nas áreas de fala lombarda, os idiomas lombardos son moi diferentes do italiano xa que pertencen a dúas ramas diferentes da árbore das linguas romances.

As dúas variedades lombardas principais, que presentan tractos de gramática e léxico e fonética bastante diferentes, son o Lombardo Occidental (que comprende o dialecto milanés) e o Lombardo Oriental (que comprende os dialectos bergamasco e bresciano). O uso dos idiomas lombardos está estigmatizado nas áreas politicamente pertencentes a Italia, mentres que non o é nas áreas suízas. Algúns programas de radio e televisión en idiomas lombardos emítense ocasionalmente pola cadea suíza de fala italiana. A maior institución de investigación de dialectos lombardos atópase en Bellinzona, Suíza (CDE - Centro dei dialettologia e dei etnografía).

Malia non estar regulada oficialmente nin ter status de oficialidade, calcúlase que 3.500.000 persoas falan a lingua lombarda.


3[editar a fonte]

Portal:Lombardía/Artigo destacado/3

4[editar a fonte]

Portal:Lombardía/Artigo destacado/4

5[editar a fonte]

Portal:Lombardía/Artigo destacado/5

6[editar a fonte]

Portal:Lombardía/Artigo destacado/6

7[editar a fonte]

Portal:Lombardía/Artigo destacado/7

8[editar a fonte]

Portal:Lombardía/Artigo destacado/8

9[editar a fonte]

Portal:Lombardía/Artigo destacado/9

10[editar a fonte]

Portal:Lombardía/Artigo destacado/10