Portal:Kirguizistán/Localidade destacada/1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Osh (en kirguiz: Ош) é a segunda cidade máis grande de Kirguizistán, localizada no Val de Fergana, no sur do país e moitas veces referida como a "capital do sur". É a cidade máis antiga do país (ten unha estimación de 3000 anos de antigüidade). É capital da Shaar de Osh e da Rexión de Osh (aínda que non forma parte dela).

Osh é a segunda cidade máis grande de Kirguizistán após Bixkek. Segundo o censo de 2009, a poboación é de 258,000 (48% Kirguizes, 44% Uzbecos, 3% Rusos, 2% Turcos e 1% Tártaros). A poboación da cidade máis a súa zona metropolitana é de 500,000 habitantes.