Portal:Jazz/Biografía destacada/2

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Michel Camilo, nado o 4 de abril de 1954 en Santo Domingo (República Dominicana), é un pianista e compositor dominicano. Destaca principalmente no latin jazz, sendo un pianista de gran virtuosismo que adereza as súas interpretacións de jazz tradicional con ritmos do seu Caribe natal, acompañados dun velocísimo estilo. Camilo cita entre as súas principais influencias a Chick Corea, Keith Jarrett, Oscar Peterson, Bill Evans e Art Tatum.

Michel Camilo comezou a súa formación pianística no seu país natal, estudando no Conservatorio Nacional de Música, e posteriormente trasladouse a Nova York (Estados Unidos), onde continuou súa formación no Mannes College e na prestixiosa Juilliard School.

Ademais da súa traxectoria como intérprete, Michel Camilo é invitado frecuentemente a dar conferencias e a actuar en numerosas universidades e centros de ensinanza nos Estados Unidos tales como a Universidade de Nova York, o Berklee College of Music de Boston, o M.I.T., entre outros, así como en Dinamarca, España e Suíza. Ten participado tamén nos filmes do gañador dun Oscar Fernando Trueba Two Much e Calle 54.