Portal:Historia/Sobre Galicia/setembro 2013

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estatua en lembranza das incursións viquingas, en Catoira

A presenza de viquingos en Galiza tivo lugar entre os séculos VIII e XII, cando estes se converteran nunha potencia naval e militar, lanzando expedicións de saqueo e conquista polo océano Atlántico e subindo polo leito dos ríos até as cidades que pretendían saquear. Así chegaron até o mar Mediterráneo, e no camiño estaba Galiza.

As primeiras incursións datan do século IX, cando un grupo procedente dunha expedición de saqueo se internou polo Garona e ata mediados do século XI seguiron producíronse expedicións en distintos lugares da costa galega, o que obrigou a fortificar moitas vilas, aínda que nalgúns casos foron saqueadas igualmente.