Portal:Estonia/Artigo destacado/2
O castelo de Haapsalu, tamén coñecido como castelo episcopal de Haapsalu (en estoniano: Haapsalu piiskopilinnus), é un castelo con catedral situado en Haapsalu, no oeste de Estonia. Foi fundado no século XIII para ser o centro do bispado de Ösel-Wiek. Dise que nas noites de Lúa chea de agosto aparécese a imaxe dunha doncela, a "Dama Branca" (en estoniano: Valge Daam; en inglés: White Lady), no interior da capela.
Durante o mandato do bispo Johannes IV Kievel (1515-1527) a fortaleza alcanzou as súas dimensións definitivas, cunha superficie de máis de 30.000 m², un grosor das murallas entre 1,2 e 1,8 metros e unha altura máxima de máis de 10 metros. Pola súa banda, a catedral está adicada a san Nicolao de Bari e é igrexa dunha soa nave máis grande de todos os países bálticos, con 15,5 metros de altura e unha superficie de 425 m².