Portal:Era viquinga/Artigo destacado/1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ög165 Runsten vid Vårfrukyrkan, Skänninge.jpg

O alfabeto rúnico (en protonórdico: ᚱᚢᚾᛟ runo, e en nórdico antigo: rún) ou Futhark —termo formado a partir do nome das seis primeiras letras deste alfabeto, que se chamaban runas— era o alfabeto utilizado polos antigos pobos de lingua xermánica (como os anglos e nórdicos).

Tamén se empregaba na adiviñación e na maxia. Ao contrario das letras do alfabeto latino, as runas teñen sensos intrínsecos. O feito, con todo, é que o alfabeto latino é o froito dunha longa e lenta evolución, herdanza dos etruscos, cuxo alfabeto era tamén o froito da herdanza dos fenicios; como todos os alfabetos tiveron como orixe os pictogramas, que tiñan un significado simbólico, é bastante improbábel que os pobos xermánicos puideran inventar un alfabeto a partir da nada uns milenios despois do nacemento dos primeiros alfabetos. Unha moeda etrusca que representaba os atributos de Atenea atopada no Valais, en Suíza, traza bastante ben o camiño que debeu percorrer o alfabeto cara o norte antes de os pobos nórdicos adaptáreno ás súas propias linguas. É moi probábel que o futhark primitivo de 24 letras derive dos alfabetos alpinos, que á súa vez provirían do etrusco.

A raíz indoeuropea da palabra runa, *run, significa «misterio» ou «segredo» e isto é máis visíbel nun dos derivados: raunen significa «murmurar» ou «falar en secreto».

Hai outros sistemas de escritura emparentados coas runas: as Runas húngaras e o alfabeto runiforme turco chamado Runas göktürk.