Portal:Bután/Biografía destacada/1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Kunzang Choden, nada no distrito de Bumthang en 1952, é unha escritora de Bután. Foi a primeira muller do seu país en publicar unha novela en lingua inglesa.

Filla de terratenentes feudais, aos nove anos foi estudar á India, onde aprendeu inglés. Estudou Psicoloxía na Universidade de Delhi (Indraprastha College) e Socioloxía na Universidade de Nebraska-Lincoln. Traballou para o Programa de Desenvolvemento da Organización das Nacións Unidas en Bután.

Casada cun home suízo, vive en Thimphu. En 2005 publicou a súa primeira novela, The Circle of Karma. Está ambientada na década de 1950, logo da independencia de Bután. A protagonista, traballadora na construción de estradas, debe loitar cos tradicionais e restritivos roles de xénero previos á independencia do país, así como aos novos tipos de sexismo do liberalismo comercial.