Kunzang Choden
Kunzang Choden | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1952 |
Lugar de nacemento | Bumthang |
Nacionalidade | Bután |
Alma máter | Universidade de Delhi, Universidade de Nebraska-Lincoln e Indraprastha College for Women |
Ocupación | escritora e novelista |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Kunzang Choden, nada no distrito de Bumthang en 1952[1], é unha escritora de Bután. Foi a primeira muller do seu país en publicar unha novela en lingua inglesa.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Filla de terratenentes feudais, aos nove anos foi estudar á India, onde aprendeu inglés.[2] Estudou Psicoloxía na Universidade de Delhi (Indraprastha College) e Socioloxía na Universidade de Nebraska-Lincoln. Traballou para o Programa de Desenvolvemento da Organización das Nacións Unidas en Bután.
Casada cun home suízo, vive en Thimphu.[3]
En 2005 publicou a súa primeira novela, The Circle of Karma. Está ambientada na década de 1950, logo da independencia de Bután. A protagonista, traballadora na construción de estradas, debe loitar cos tradicionais e restritivos roles de xénero previos á independencia do país, así como aos novos tipos de sexismo do liberalismo comercial.[4]
Obras[editar | editar a fonte]
- Folktales of Bhutan (1994) ISBN 974-8495-96-5
- Bhutanese Tales of the Yeti (1997) ISBN 1-879155-83-4
- Dawa: The Story of a Stray Dog in Bhutan (2004) ISBN 99936-644-0-5
- The Circle of Karma (2005) ISBN 81-86706-79-8
- Chilli and Cheese- Food and Society in Bhutan (2008) ISBN 978-974-480-118-0
- Tales in Colour and other stories (2009) ISBN 978-81-89884-62-8
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Circle of Karma". Zubaan Books. Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2007. Consultado o 05 de setembro de 2019..
- ↑ Avijit Ghosh (3 de abril de 2005). "Coming full circle". The Telegraph (Kolkata).
- ↑ "Kunzang Choden". Zubaan Books. Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2007. Consultado o 05 de setembro de 2019.
- ↑ Mathai, Anna Sujatha (17 de xullo de 2005). "Rooted in the soil and earth". The Hindu. Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2015. Consultado o 14 de xaneiro de 2019.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Bután |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Chaubey, Ajay K, et al. Women Writers of the South Asian Diaspora. Jaipur: Rawat, 2020