Portal:Bután/Artigo destacado/4

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Bután participou por vez primeira nos Xogos Olímpicos en 1984. En cada edición dos Xogos de Verán até o ano 2008, Bután só enviou arqueiros para competir. O tiro con arco é o deporte nacional de Bután. O primeiro deportista non arqueiro enviado para competir por Bután foi a tiradora Kunzang Choden nos Xogos de 2012. Competiu na proba de rifle de aire a 10 metros. O equipo nacional enviado en 2012 non contaba con ningún home. Bután nunca gañou unha medalla olímpica. Malia o feito de que Bután é un país moi montañoso, nunca competiu nos Xogos Olímpicos de Inverno.

O Comité Olímpico de Bután foi creado en 1983 e foi recoñecido oficialmente polo Comité Olímpico Internacional ese mesmo ano.