Portal:A Coruña/Artigo destacado/1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O porto da Coruña, matrícula das embarcacións CO, é un porto galego situado tralo dique de abrigo da cidade da Coruña, bañada polo océano Atlántico. É un dos motores económicos da cidade, con seis quilómetros de peiraos e preto dun millón de metros cadrados de superficie marítima e terrestre. Está integrado na provincia marítima da Coruña.

O porto da Coruña conta cun sector acondicionado para desembarcar graneis sólidos (carbón, coque) e contedores. No ano 2007 movéronse 13 842 964 toneladas de mercadorías no porto, o que supón un incremento total do 3,68 % respecto ao 2006, o que o converte no gran porto de mercadorías de Galicia e un de referencia no norte da Península Ibérica, seguido de preto por Ferrol-San Cibrao (10 228 000 toneladas).