Portal:Ópera/Sobre a Ópera/novembro 2013

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O renacemento da presenza da ópera no mundo da música, decote grazas ás gravacións, supuxo un considerable incremento do repertorio. Antes, os teatros ofrecían sempre os mesmos títulos, limitando a cincuenta ou como moito a cen as obras que ofrecían regularmente. Porén, actualmente non para de medrar o número de óperas redescubertas que se foron incorporando aos circuítos operísticos.

Esta lista das óperas máis importantes recolle as óperas máis salientables da historia da música segundo varios expertos, e abrangue tódolos xéneros importantes, incluíndo todas as óperas interpretadas regularmente, a partir do século XVII. A lista segue unha orde cronolóxica segundo o ano da súa primeira representación, ou no caso de que se estrearan moito despois da morte do compositor, a data aproximada da composición, dende as obras de Monteverdi, Cavalli, e Purcell, ata finais do século XX cas óperas de Messiaen, Berio, Glass, Adams, Birtwistle, e Weir.