Portal:Ópera/Sobre a Ópera/febreiro 2014

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Wolfgang Amadeus Mozart compuxo 22 óperas en diferentes xéneros. As súas óperas van desde as obras a pequena escala –derivadas deas que compuxo na súa xuventude– ás óperas de maior envergadura da súa madurez. Tres das obras foron abandonadas antes de rematar a súa composición e non foron representadas ata moitos anos despois da morte do compositor. Todas as súas óperas de madurez son consideradas obras clásicas e sempre formaron parte do repertorio dos teatros de ópera de todo o mundo.

A maior parte das óperas de Mozart están compostas en italiano, a excepción de sete delas escritas en alemán, e a ópera escrita en latín Apollo et Hyacinthus (considerada por algúns como a primeira ópera propiamente dita de Mozart). Os textos das obras de Mozart proveñen de varias fontes, e as primeiras óperas son de cotío adaptacións de textos existentes. Mozart sentía que, como compositor, a súa opinión debería ser tida en conta no contido do libreto para servir mellor á música.