Portal:Ópera/Sobre a Ópera/decembro 2013

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Gran Teatre del Liceu, popularmente coñecido símplemente como Liceu é un teatro especializado en representacións de ópera da cidade de Barcelona, sendo considerado teatro o máis prestixioso da cidade e tamén como un dos máis prestixiosos do mundo. Foi inaugurado o 4 de abril de 1847, aínda que a súa historia comeza en 1837. Foi, pola súa capacidade, o teatro de ópera máis grande de Europa durante os seus primeiros cen anos. Dende hai máis de 150 anos represéntanse nel obras maiores interpretadas polos máis famosos cantantes do mundo. Durante tempo foi o símbolo e o lugar de xuntanza da aristocracia e da burguesía de Cataluña.

Caracterízase polo seu accidentado pasado, do cal rexurdiu en repetidas ocasións. Dende a súa inauguración e durante case un século, o Liceu foi, ademais da primeira sala de ópera de Cataluña e España, o punto de referencia, de confluencia e expansión da vida artística, social e política de Barcelona. Foi o termómetro das súas etapas de explendor, de desenvolvemento, de decadencia e dos seus disturbios. Despois, a partir da terceira década do século XX, o Liceu foi perdendo a súa relación directa cos altos e baixos da vida social para asumir unha hexemonía máis determinadamente artística e musical.