Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
- 1 de marzo de 2010 – A ópera de Kaija Saariaho Émilie é estreada na Opéra de Lyon con Karita Mattila no papel protagonista.
- 2 de marzo de 1961 – Simone Young (na imaxe), a primeira muller en dirixir na Wiener Staatsoper, nace en Sydney (Australia).
- 6 de marzo de 1853 – Fanny Salvini-Donatelli preséntase como estrela na estrea mundial de La traviata de Giuseppe Verdi.
- 16 de marzo de 1894 – Sibyl Sanderson canta o papel protagonista na estrea mundial da ópera de Massenet Thaïs.
- 17 de marzo de 1665 – Élisabeth Jacquet nace en París. A súa Céphale et Procris foi a primeira ópera composta por unha muller para a Opéra de Paris.
- 20 de marzo de 1952 – Birgitta Svendén, mezzo-soprano e directora xeral da Kungliga Operan (Real Ópera de Suecia), nace en Porjus (Suecia).
- 23 de marzo de 2006 – Sarah Caldwell, directora de ópera, empresaria e directora de escena estadounidense, morre en Portland (Maine, Estados Unidos.
- 28 de marzo de 1911 – Myfanwy Piper, a libretista das óperas de Benjamin Britten The Turn of the Screw, Owen Wingrave, e Death in Venice nace en Londres.