Portal:Ópera/Biografía destacada/6

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Piotr Ilich Tchaikovski (en ruso, Пётр Ильич Чайковский), pronunciado [ˈpʲotr ɪlʲˈjit͡ɕ t͡ɕɪjˈkofskʲɪj]; ( escoitar), nado en Vótkinsk o 7 de maio de 1840 e finado en San Petersburgo o 6 de novembro de 1893, foi un dos compositores rusos máis importantes do século XIX. É autor dalgunhas das obras de música clásica máis famosas do repertorio actual, por exemplo os ballets O lago dos cisnes e O Quebranoces, a Abertura 1812, a apertura-fantasía Romeo e Xulieta, o Primeiro concerto para piano, o Concerto para violín, as súas sinfonías Cuarta, Quinta e Sexta (Tamén chamada Patética) e a ópera Eugenio Oneguin.

Nacido nunha familia de clase media, a educación que recibiu Tchaikovski estaba dirixida a preparalo como funcionario, malia a precocidade musical que mostrou. En contra dos desexos da súa familia, decidiu seguir unha carreira musical e en 1862 accedeu ao Conservatorio de San Petersburgo, graduándose en 1865...