Porrusalda
Aparencia
Porrusalda ou purrusalda é un prato típico do País Vasco. O significado en éuscaro é mollo de allo porro. A súa presentación é parecida á dun estufado; un prato caldoso con anacos grandes que se serve quente.
Características
[editar | editar a fonte]A porrusalda ten como ingrediente principal o allo porro (é o que lle dá o nome) e adicionalmente pode engadirse: cenorias, patacas, allos, cebolas. Orixinariamente para lle dar sabor ao caldo botábaselle unha raspa de peixe ao cociñalo. Existen rexións onde se lle bota costela ou bacallau (Bacallau en salgadura) en "faragullas", ou unha cabeza de pescada como se fai na Rioxa.