Saltar ao contido

Polipéptido activador da adenilato ciclase da pituitaria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
ADCYAP1
Estruturas dispoñibles
PDBBuscar ortólogos: PDBe, RCSB
Identificadores
Nomenclatura
SímbolosADCYAP1 (HGNC: 241) ADCYAP1, PACAP
Identificadores
externos
LocusCr. 18 p11.32
Ortólogos
Especies
Humano Rato
Entrez
116 11516
Ensembl
Véxase HS Véxase MM
UniProt
P18509 O70176
RefSeq
(ARNm)
NM_001099733 NM_009625
RefSeq
(proteína) NCBI
NP_001093203 NP_001302432
Localización (UCSC)
Cr. 18:
0.9 – 0.91 Mb
Cr. 17:
93.51 – 93.51 Mb
PubMed (Busca)
116


11516

O polipéptido activador da adenilato ciclase da pituitaria (PACAP, do inglés pituitary adenylate cyclase-activating polypeptide), tamén chamado polipéptido activador da adenilato ciclase 1, é unha pequena proteína que nos humanos está codificada no xene ADCYAP1 do cromosoma 18.[1][2] É similar ao péptido intestinal vasoactivo. Un dos seus efectos é estimular as células similares ás enterocromafíns. Únese ao receptor do péptido intestinal vasoactivo e ao receptor do polipéptido activador da adenilato ciclase da pitutitaria.

O xene ADCYAP1 codifica o polipéptido activador da adenilato ciclase 1. Coa mediación dos receptores do polipéptido activado pola adenilato ciclase 1, este polipéptido estimula a adenilato ciclase e en consecuencia incrementa o nivel de AMPc nas células diana. Este polipéptido non só é unha hormona hipofisiotrópica (é dicir, unha substancia que induce a actividade na hipófise), senón que tamén funciona como neurotransmisor e neuromodulador. Ademais, exerce un papel na regulación parácrina e autócrina de certos tipos de células. O xene ACYAP1 está composto por cinco exóns. Os exóns 1 e 2 codifican o 5' UTR e o péptido sinal, respectivamente; o exón 4 codifica un péptido relacionado co polipéptido activador da adenilato ciclase 1, e o exón 5 codifica o péptido maduro e o 3' UTR. Este xene codifica tres péptidos maduros diferentes, incluíndo dous isotipos: unha forma máis curta e outra máis longa.[2]

Unha versión deste xene foi asociada co trastorno de estrés postraumático en mulleres (pero non en homes).[3] Este trastorno implica unha resposta psicolóxica inadaptativa a eventos traumáticos. Ressler et al. identificaron unha asociación dun SNP neste xene do PACAP, que implicaba este péptido e o seu receptor (PAC1), co trastorno de estrés postraumático.

Dores de cabeza

[editar | editar a fonte]

Ambas as isoformas do PACAP (o PACAP-38 e o PACAP-27) foron implicadas na patoxénese das migraña.[4][5] Un grupo de investigación danés liderado polo Dr. Messoud Ashina atopou que a infusión intravenosa do PACAP-38 inducía ataques de migrañas no 58% das persoas con problemas de migrañas,[4] mentres que a taxa de indución de migrañas correspondente era do 55% para o PACAP-27.[5] Investigáronse tratamentos con anticorpos monoclonais que tiñan como diana o PACAP ou os seus receptores para aliviar trastornos de dores de cabeza primarios. O medicamento ALD910 de Alder BioPharmaceuticals, que ten como diana este polipéptido, comezou o seu estudo en fase I en outubro de 2019.[6][7] O medicamento de Amgen AMG-301, que tiña como diana o receptor PAC1, fracasou ao non conseguir mostrar maior eficacia que o placebo en ensaios en fase II.[8]

Interaccións

[editar | editar a fonte]

O PACAP presenta interaccións co receptor da secretina.[9]

  1. Hosoya M, Kimura C, Ogi K, Ohkubo S, Miyamoto Y, Kugoh H, et al. (xaneiro de 1992). "Structure of the human pituitary adenylate cyclase activating polypeptide (PACAP) gene". Biochimica et Biophysica Acta (BBA) - Gene Structure and Expression 1129 (2): 199–206. PMID 1730060. doi:10.1016/0167-4781(92)90488-l. 
  2. 2,0 2,1 "Entrez Gene: ADCYAP1 adenylate cyclase activating polypeptide 1 (pituitary)". 
  3. Ressler KJ, Mercer KB, Bradley B, Jovanovic T, Mahan A, Kerley K, et al. (febreiro de 2011). "Post-traumatic stress disorder is associated with pituitary adenylate cyclase-activating polypeptide and the PAC1 receptor". Nature 470 (7335): 492–7. Bibcode:2011Natur.470..492R. PMC 3046811. PMID 21350482. doi:10.1038/nature09856. 
  4. 4,0 4,1 Schytz HW, Birk S, Wienecke T, Kruuse C, Olesen J, Ashina M (xaneiro de 2009). "pituitary adenylate cyclase-activating polypeptide-38 induces migraine-like attacks in patients with migraine without aura". Brain 132 (Pt 1): 16–25. PMID 19052139. doi:10.1093/brain/awn307. 
  5. 5,0 5,1 Ghanizada H, Al-Karagholi MA, Arngrim N, Olesen J, Ashina M (xaneiro de 2020). "PACAP27 induces migraine-like attacks in migraine patients". Cephalalgia 40 (1): 57–67. PMID 31299857. doi:10.1177/0333102419864507. 
  6. Bertels Z, Pradhan AA (xullo de 2019). "Emerging Treatment Targets for Migraine and Other Headaches". Headache. 59 Suppl 2 (S2): 50–65. PMC 6986366. PMID 31291018. doi:10.1111/head.13585. 
  7. "Alder BioPharmaceuticals® Announces First-in-Human Dosing in Phase 1 ALD1910 Study for Preventive Treatment of Migraine". Globenewswire News Room (GlobeNewswire). 10 outubro de 2019. Consultado o 10 de outubro de 2019. 
  8. Ashina M, Doležil D, Bonner JH, Zhou L, Klatt J, Picard H, Mikol DD (xaneiro de 2021). "A phase 2, randomized, double-blind, placebo-controlled trial of AMG 301, a pituitary adenylate cyclase-activating polypeptide PAC1 receptor monoclonal antibody for migraine prevention". Cephalalgia 41 (1): 33–44. PMC 7786389. PMID 33231489. doi:10.1177/0333102420970889. 
  9. Felley CP, Qian JM, Mantey S, Pradhan T, Jensen RT (decembro de 1992). "Chief cells possess a receptor with high affinity for PACAP and VIP that stimulates pepsinogen release". The American Journal of Physiology 263 (6 Pt 1): G901–7. PMID 1335692. doi:10.1152/ajpgi.1992.263.6.G901. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo incorpora textos da Biblioteca Nacional de Medicina dos Estados Unidos, que están en dominio público.