Un oficial da policía de Hong Kong, Ka-Kui, é enviado a China para intervir contra unha organización de tráfico de drogas. Tras sacar ó irmán do señor da droga de prisión, el e outra axente (Michelle Yeoh) son levados a Hong Kong a traballar para o sindicato. A esposa do xefe foi arrestada en Malaisia por tráfico de drogas e axiña será executada, pero ó ser a única que coñece o número da conta nun banco suízo onde gardan os cartos da droga, terán que liberala.