Este artigo amosa escritos chineses. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
Police Story 2 (en chinés:警察故事續集) é un filme de Hong Kong dirixido, escrito e protagonizado por Jackie Chan que se estreou en 1988. É a secuela do filme de 1985Armas invencibles (tamén coñecida como Police Story.
Kevin Chan é un policía cunha brillante carreira, pero os seus métodos pouco ortodoxos provocan que acabe relegado ó departamento de tráfico. Porén, un criminal que xurara vingarse del, sae do cárcere e perségueos a el e á súa moza. Ó mesmo tempo, o xefe da policía estuda a posibilidade de devolver a Kevin o seu destino anterior para que lles axude a atrapar a uns criminais que extorsionan diversos construtores, ós cales ameazan con facer estourar bombas nos seus edificios.