Policía Foral de Navarra
Aparencia
Policía Foral de Navarra | |
---|---|
![]() | |
Tipo | Policía autonómica |
Data de fundación | 30 de outubro de 1928 |
Organización matriz | Goberno de Navarra |
País | España |
Na rede | |
https://www.navarra.es/home_es/Temas/Seguridad | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Policía Foral de Navarra (en éuscaro: Nafarroako Foruzaingoa) é a policía autonómica de Navarra. É un corpo de seguridade creado pola Deputación Foral de Navarra en 1929, inicialmente co nome de Corpo de Policía de Estradas (Cuerpo de Policía de Carreteras).
Trocou o seu nome polo de Policía Foral en 1964. Inicialmente dedicábase soamente ó control do tráfico de vehículos polas estradas de Navarra (cuxa construción ten sido sempre competencia da súa deputación, en razón do especial réxime de autonomía administrativa ou "réxime foral" do que goza esta provincia), pero posteriormente, e sobre todo dende 1982, diversificou as súas funcións.
En 2016 tiña 1076 axentes.