Poitín (filme)
Poitín | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Poitín |
Director | Bob Quinn |
Produtor | Bob Quinn |
Guión | Colm Bairéad |
Intérpretes | Cyril Cusack Donal McCann Niall Tóibín Mick Lally |
Fotografía | Seamus Deasy |
Montaxe | Bob Quinn |
Distribuidora | Cine Gael |
Estrea | ![]() |
Duración | 65 minutos[1] |
Orixe | ![]() |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Poitín é un filme irlandés escrito e dirixido por Bob Quinn[2] que foi estreado en 1978. Foi o primeiro filme en ser rodado completamente en lingua irlandesa. Tamén foi o primeiro en recibir unha bolsa de guión cinematográfico da Arts Council of Ireland.[3]
O filme foi producido por Cinegael, e está protagonizado por Cyril Cusack como un destilador ilegal de Connemara, que vive nunha cabana illada xunto coa súa filla. Dous dexenerados locais, interpretados por Donal McCann e Niall Tóibín, aterrorizan o vello destilador polo seu contrabando de licor (poitín), ameazando con matalo a el e violar a súa filla.[4]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Conamara.org (Cinegael) (ed.). "Poitín". Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2016. Consultado o 26 de xaneiro de 2017.
- ↑
- ↑ Jerry White. "The Films of Bob Quinn: Towards an Irish third Cinema". Consultado o 26 de xaneiro de 2017.
- ↑ White, Jerry (2003). "Arguing with Ethnography: The Films of Bob Quinn and Pierre Perrault". Cinema Journal 42 (2): 101–124. JSTOR 1566518.