Os sicilianos (en siciliano: siciliani) son o pobo nativo de Sicilia, unha illa mediterránea de Italia,[2] a meirande do mar Mediterráneo, así como a meirande e máis poboada rexión autónoma de Italia.
En 2008, o número de sicilianos no estranxeiro superou o millón de persoas. Os países cunha maior poboación de sicilianos son os Estados Unidos, Alemaña, Bélxica, Suíza, a Arxentina, o Uruguai,
o Brasil, Francia e o Canadá. A poboación da diáspora sen incluír a dos Estados Unidos é de 629.114 individuos.
Nos Estados Unidos, os sicilianos americanos son un gran subconxunto de estadounidenses cuxos antepasados proviñan de Sicilia. Este grupo é quizais a maior parte da diáspora siciliana.[3]
Toda a poboación autóctona de Malta é de orixe siciliana, mais os malteses xeralmente non se considera sicilianos por mor de séculos de separación cultural e xeográfica, e ao feito de que a a súa lingua nativa evolucionou a partir do árabe siciliano no canto do italodálmata, como o moderno siciliano.
↑Minahan, James. Encyclopedia of Stateless Nations: Ethnic and National Groups around the World, 2nd Edition: Ethnic and National Groups around the World, pp.383
Valenza, Giuseppe. ELAMITI ELIMIOTI ELIMIIl teatro genealogico degli Elimi nel crocevia del Mediterraneo. Prefazione Vaccarella, Ilaria.2022. ISBN 978-88-908854-2-6