Lingua sentinelesa
Sentinelés | ||
---|---|---|
Falado en: | India | |
Rexións: | Illa Sentinela do Norte, no arquipélago de Andaman e Nicobar | |
Total de falantes: | Estímase que entre 100–250 (2007) | |
Familia: | Descoñecida Sentinelés | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | std
| |
Mapa | ||
![]() | ||
Status | ||
A lingua sentinelesa é un suposta lingua falada polo pobo sentinelés, un pobo non contactado que habita na illa Sentinela do Norte, no arquipélago de Andaman e Nicobar, na India. Xa que non houbo contacto entre este pobo e o resto do mundo durante os últimos tres séculos, non se sabe nada sobre a súa lingua.[1] Non hai xeito de coñecer a vitalidade, a clasificación ou as características da lingua xa que o pobo non permite a chegada de foráneos na súa illa e amósanse moi hostís cara eles.[2]
Clasificación[editar | editar a fonte]
Especúlase que os insulares falan unha única lingua e que esta podería ser membro da familia de linguas andamanesas.[1] Baseándose na proximidade xeográfica e en semellanzas culturais e tecnolóxicas, crese que a lingua está relacionada coas linguas onge, como o jarawa.[3] Nunha das dúas ocasións documentadas nas que individuos falantes de onge foron levados á illa Sentinela do Norte para tentar estabelecer comunicacións, non foron quen de recoñecer nada da lingua falada por eles no breve e hostil momento no que se atoparon.[4]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 "The most isolated tribe in the world?" en Survival International website Arquivado 26 de outubro de 2019 en Wayback Machine.. Consultado o 7 de outubro de 2009-10-07.
- ↑ Van Driem, G. (2007). Endangered Languages of South Asia. In Handbook of Endangered Languages (pp. 303–341). Berlin: Mouton de Gruyter.
- ↑ Ethnologue report for Sentinel. Consultado o 7 de outubro de 2009.
- ↑ Pandya, Vishvajit (2008) In the Forest: Visual and Material Worlds of Andamanese History (1858–2006). University Press of America. p. 361. ISBN 0-7618-4153-9.