Saltar ao contido

Pobo juma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pobo juma
 Instancia de
 Poboación
3 (2021)[1]
 Lingua materna
 Linguas faladas
 Relacionados
Localización
 País de orixe
Rexións principais
BrasilAmazonas
Wikidata

Os jumas son un pobo indíxena do Brasil que vive no estado do Amazonas, ao longo do río Mucuim, un afluente do río Açuã.[2] O territorio do grupo atópase no concello de Canutama. Polo menos até o ano 2002, atopábanse fóra do seu territorio, na aldea Alto Jamary, xunto aos uru-eu-wau-wau, onde os catro últimos individuos casaron con individuos desa outra etnia.[3] Os jumas falan a lingua juma, unha variedade do subgrupo VI das linguas tupí-guaranís.[2]

No século XVIII, os jumas roldaban entre as 12 000 e as 15 000 persoas.[4] Por mor dos masacres levados a cabo ao longo da historia, o seu número descendeu a 300 en 1940.[2] En 1998, só había catro persoas do pobo juma. O derradeiro varón juma, Aruka Juma, morreu por mor da COVID-19 en 2021.[1] Foi sobrevivido polas súas tres fillas, as únicas superviventes do seu pobo.

Os jumas tamén son coñecidos como arara, kagwahibm, kagwahiph, kagwahiv, kavahiva, kawahip, kawaib e yumá.[2]

  1. 1,0 1,1 COIAB, ed. (17 de febreiro de 2021). "A devastadora e irreparável morte de Aruká Juma" (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2021. Consultado o 18 de febreiro de 2021. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "Juma." Ethnologue. 2009. Consultado o 27 de marzo de 2012.
  3. A. Peggion, Edmundo. "Juma - Povos Indígenas no Brasil". pib.socioambiental.org. Consultado o 18 de febreiro de 2021. 
  4. "Juma: Introduction." Instituto Socioambiental: Povos Indígenas no Brasil. Consultado o 27 de marzo de 2012