Pobiti Kamani

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 43°13′35″N 27°42′24″L / 43.22639, -27.70667

Pobiti Kamani.

Pobiti Kamani (en búlgaro: Побити камъни; traducido á galego como Bosque de pedra) é un conxunto de formacións rochosas situadas na Provincia de Varna, en Bulgaria.

O conxunto comprende unha serie de grupos de formacións de pedra natural que abranguen unha superficie de 70 km². Estas formacións son columnas de diferentes alturas, podendo chegar até os 5 e 7 metros e cun espesor de entre 0,3 e 3 metros.

En 1937 foi declarado monumento natural.

Orixe[editar | editar a fonte]

Existen unha serie de teorías que tentan explicar a orixe do fenómeno, pero estas teorías pódense dividir en dous grupos, a orixe mineral ou a orixe orgánica. Segundo a primeira, as formacións son o resultado da actividade da coral, mentres que a segunda explica o fenómeno de erosión das rocas prismáticas, a formación da area e as concrecións de pedra calcaria

Baseándose en observacións de campo e un estudo petrográfico e xeoquímica de isótopos estables, existen evidencias de que estas estruturas representan un excepcional exemplo de sistema de filtración de paleo-hidrocarburos (moi reducido de firmas de isótopos de carbono baixo o cemento de magnesio de calcita).

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Dimitrov, Lyubomir. "Pobiti Kamani" (en búlgaro). Varna-bg.com. Arquivado dende o orixinal o 17 de maio de 2007. Consultado o 2 de agosto de 2006. 
  • de Boever E., Birgel D., Thiel V., Muchez P., Peckmann J., Dimitrov L., Swennen R. 2009. The formation of giant tubular concretions triggered by anaerobic oxidation of methane as revealed by archaeal molecular fossils (Lower Eocene, Varna, Bulgaria. Palaeogeography, Palaeoclimatology, Palaeoecology 280, 23-36.