Plementería

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bóveda da Catedral de Angers, na que se observa a plementería de ladrillo, que enche o espazo entre arcos.

Unha plementería é o conxunto de panos de pedras ou doelas que, a modo de cerramento, cobren o espazo entre os nervios dunha bóveda nervada, como unha bóveda de crucería. Cada un dos panos denomínase plemento. Son elementos pasivos que non teñen función estrutural e que se apoian sobre os arcos da bóveda, que son os elementos activos.

Usos[editar | editar a fonte]

Na arquitectura gótica, o recheo da plementería adoitaba ser de ladrillo ou cachotería complementada con morteiro nas xuntas, e cunha distribución relativamente irregular, especialmente nas fases máis antigas, mais a medida que se avanza no tempo vaise perfeccionando a talla e o tamaño das pezas do recheo e, aínda que continúa cumprindo unha función de recheo, adquire a aparencia de cantería e parece que a bóveda ao completo está completamente fabricada de perpiaños. O espesor da plementería adoitaba ser pequeno, de 10 ou 15 centímetros, en España cubríanse cunha capa de morteiro na súa parte superior.[1]

A plementería da Lonxa da Seda, en Valencia é de gran tamaño, resultando a sensación dunha bóveda completamente feita de pedra.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Rabasa Díaz, Enrique (2000). Ediciones Akal, ed. Forma y construcción en piedra. De la cantería medieval a la estereotomía del siglo XIX. ISBN 81-460-1542-0.