Plataforma (ferrocarril)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Plataformas e vías do antigo edificio de 1987 da Estación de Vigo-Urzáiz

Unha plataforma[1] é, xeralmente, unha superficie elevada de cemento, formigón ou, nalgúns casos de madeira, que nas estacións do camiño de ferro (ou semellantes: metro, tranvía) se sitúa ao longo da vía para que poidan andar os pasaxeiros e permitir o fácil acceso aos trens. As plataformas separan as vías férreas.

Accesibilidade[editar | editar a fonte]

Unha consideración importante, especialmente para asegurar a accesibilidade para persoas con mobilidade reducida, é a diferenza en altura ou distancia entre a plataforma e o chan do coche do tren, tamén coñecido coma o "gap" (burato en inglés). Por exemplo, en España, no caso dos trens de proximidade (coñecidos en castelán coma Cercanías) das series 446 e 447, a diferenza de altura entre a plataforma e o chan dos trens pode estar entre 390 a 600 mm.[2]

Seguranza[editar | editar a fonte]

Moitas estacións de metro teñen xa instaladas portas de plataforma, ou anteparos de seguranza,[3] nas súas plataformas, e que están síncronizadas coas portas do tren para evitaren así a caída de persoas entre a plataforma e o coche do tren, entre outros factores.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para plataforma.(3ª acepción do termo)
  2. Plan de Accesibilidad Universal de Renfe Consultado o 28 de abril de 2011
  3. Metro de Sevilla Consultado o 28 de abril de 2011