Plantà

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A plantà (de plantada en valenciano) é o acto de alzar un monumento falleiro o nunha cacharela, nas Fallas ou nas Fogueiras de San Xoán, festas celebradas respectivamente en marzo e juño en distintas localidades da País Valenciano. A plantà considérase, actualmente, o momento exacto no que a falla ou cacharela queda completamente acabada e lista para ser visitada, con tódolos seus "ninots" (bonecos), carteis e demais detalles.

Nas Fallas, a plantá realízase o día 15 de marzo, cando tódolos monumentos falleiros han de estar correctamente colocados. A razón é que o xurado nomeado pola Xunta Central Falleira ha de pasar ao día seguinte para avaliar a falla. Antigamente, a plantà se comezaba e finalizaba o mesmo día mais, debido á complexidade dos monumentos e a que os artistas falleiros encárganse de varias fallas ao mesmo tempo, adoita comezar algúns días antes. A queima da falla ou cremà realízase catro días despois, a noite do 19 de marzo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.